Cronología

Xuventude

1951

Alfredo Pérez Rubalcaba, fillo de María Dolores e Alfredo, nace o 28 de xullo en Solares (Cantabria).

1974

Tras estudar na Facultade de Químicas da Universidade Complutense, comeza a súa carreira como profesor de Química orgánica.

Convértese nun referente dos Profesores Non Numerarios (PNN). 

Ingresa no PSOE.

1978

Doutórase en Química con premio extraordinario, cunha tese sobre estereoselectividade en reaccións orgánicas.

1979

Casa con Pilar Goya.

Primeiro Goberno Do PSOE

1982

Vitoria do PSOE nas eleccións xerais. José María Maravall, Ministro de Educación e Ciencia, convídao a se integrar no novo Goberno como director de gabinete da Secretaria de Estado de Universidades e Investigación, Carmina Virgili.

1985

É nomeado director xeral do Ensino universitario.

1986

É nomeado secretario xeral de Educación, cargo que foi elevado a Secretaría de Estado dous anos despois.

1990

Entra en vigor a Lei Orgánica Xeral do Sistema Educativo (LOXSE).

1992

É nomeado Ministro de Educación e Ciencia.

1993

É nomeado Ministro da Presidencia e de Relacións coas Cortes, así como voceiro do Goberno.

1996

O Partido Popular gaña as eleccións xerais

Oposición ao primeiro goberno do PP

2000

José Luis Rodríguez Zapatero é elixido novo secretario xeral do partido e Rubalcaba pasa a ser membro do Comité Federal.

Encabeza a delegación socialista no Pacto polas liberdades e contra o terrorismo.

1997

Felipe González dimite do seu cargo no PSOE e Joaquín Almunia é electo novo secretario xeral do partido. Rubalcaba é electo membro da Executiva e secretario de Comunicación.

2004

O PSOE gaña as eleccións xerais.

Voceiro e Ministro do Interior

2004

Alfredo Pérez Rubalcaba é designado portavoz do Grupo Socialista do Congreso dos Deputados.

2006

É nomeado Ministro do Interior

2008

O PSOE revalida a súa vitoria nas eleccións xerais e Rubalcaba revalida o seu cargo como ministro do Interior.

2011

É proclamado candidato do PSOE ás eleccións xerais.

O PSOE perde as eleccións xerais. Rubalcaba lidera a oposición.

ETA anuncia o cesamento das accións armadas.

2010

É nomeado vicepresidente primeiro e voceiro do Goberno.

Secretario Xerale e regreso á Docencia

2012

Rubalcaba é electo secretario xeral do PSOE.

2014

Os malos resultados do PSOE nas eleccións europeas precipitan a súa saída como secretario xeral.

Deixa o seu escano no Congreso e reincorpórase como profesor titular de Química orgánica na Universidade Complutense de Madrid.

2019

Falece o 10 de maio no Hospital Puerta de Hierro de Madrid como consecuencia dun ictus.